top of page

A COMPAÑÍA

Sofía Espiñeira López realiza estudios musicais dende moi nova no Conservatorio Oficial de Música de Ferrol. Anos posteriores licénciase en xornalismo na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Paralelamente a eses anos de estudo vai introducíndose na técnica da danza contemporánea realizando cursos en Santiago, Barcelona e Rennes (Francia). Rematados os estudios académicos adéntrase máis no mundo das artes escénicas ó realizar un ano de formación en artes circenses na Escola Navarra de Circo Oreka. Regresa a Santiago trala formación para dar vida á compañía de teatro e títeres Titereficciós, coa cal continúa a traballar hoxe en día. Continúa permanentemente a súa andanza artística integrando e formándose en novas técnicas como o claqué, a danza africana ou a acrobacia de dúo, integrándoas en diversos espectáculos relacionados co circo, a danza e o teatro. Actualmente comeza recentemente a súa andanza como cantautora tras gañar o II Certame de Canción de Autor de Teo, recibindo o premio do xurado e o accésit do público de mellor artista.  

 

Roberto Casal Mouriño entra no mundo do teatro da man dos títeres. Fórmase ao longo dos anos en interpretación teatral, clown, manipulación e construción de bonecos con mestres como Duda Paiva, Walter Velázquez, Stephen Mottram, Roberto Salgueiro, Manuel Román, Salvatore Gatto, Chris Planjett, Natasha Belova... Á fronte de proxectos artísticos tanto no eido profesional e afeccionado combina a labor interpretativa co desenvolvemento de proxectos de animación sociocultural desde a perspectiva das artes escénicas.

Desde o teatro de rúa, teatro de monicreques, construtor e animador sociocultural Roberto atopa canles polas que entender o teatro dun xeito multidisciplinar tanto técnica como esteticamente.

 

Alfredo Pérez Muíño estudiou Educación Física (INEF Galicia) especializándose en Ximnasia Artística. Tras quince meses de estudios en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a sua formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Bos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Ibiza.

Participou en numerosos cursos tanto a nivel artístico como docente. Entre os seus formadores destacan nomes como Carlo Colombaioni, Erik de Bont, Joseph Collard, Nola Rae, Thomas Liebhart, Michel Dallaire, Hernán Gené e Nestor Muzo.

Nos últimos catro anos Fredi fixose un oco no panorama artístico nacional ocupando un espazo destacado dentro do clown en Galicia e Portugal. O seu traballo foi recoñecido en numerosas ocasións sendo galardonado co Primeiro Premio no Certamen de Interior do Festiclown 2006 co espectáculo “Circanelo” e co Premio ó Xurado do TAC de Valladolid no 2011, co espectáculo “Encontros” (Cía.Lusco e Fusco).

No seu afán por achegar o riso a todo o mundo desenvolve unha búsqueda de novos espacios escénicos como artista de rúa, café teatro, visitando ós nenos hospitalizados como Doutor Sonrisa coa Fundación Theodora e colaborando con outras entidades como Fundación Vicente Ferrer (India) ou Maria’s Children (Moscú).

bottom of page